Xa pasaron moitos anos daqueles outonos na costa…
Co fin do tempo infindo…O neno tornou mozo viaxeiro…

Camiño a camiño…
Trocou soños por gravatas…
Medrou lonxe dos seus mares da terra…

Día a día aquel mundo que parecía inmenso…
foise facendo máis pequeno…

Xa pasaron moitos anos daqueles outonos na costa…

Pero aínda hoxe…
De cando en vez…
Mentres pasea polos montes afastados de terras estrañas…
Sobre o son das pisadas
nos mantos ocres e amarelos de outono…
Baixo a danza das gallas
espíndose dende un ceo forasteiro…
Aquel neno lembra
que sempre levou dentro…
Coma fieis compañeiros…
Os berros na beira de Manuela…
O son daquela xente mariñeira…

Outonos na costa Camariñán…
Que nunca esqueceu no seu camiñar…