Achégate…
Máis pretiño de min…
E fálame baixiño…
Deixa que o son dos teus beizos
coma murmurios do ar…
aloumiñe os silencios
deste fado que levo no peito…

Achégate…
Afasta esta danza de orballo espido…
Frío espazo fronteiro nestes dous camiños…
Acada os agarimos perdidos
deste amante senlleiro
na procura dos teus beixos ao vento…

Achégate…
Sinte a calor destes versos viaxeiros…
Coma bicos cinguidos ao teu corpo nu…
coma abrazos furtivos
nesta longa noite de decembro…

Achégate…

Achégate…
máis pretiño de min…
E fálame baixiño…
Deixa que o son dos teus beizos
coma murmurios do ar…
Aloumiñe os silencios
deste fado que levo no peito…