Reinhard canta as boas noites…
Mentres no camiño
saborea un penúltimo cigarrillo…
Vai sen présa…
Todo está xa dito…

Xa van máis de trinta anos…
Dende que marchou…
Dende que morreu…
Dende que naceu…
Pensa…
Xa van máis de trinta anos…

Cos anacos da esencia
de cada un deles…
Ben gardados no peito…
Coma recunchos dunha infancia…
Adolescencia…
Non precisa lembranzas…

Que son trinta anos
no tempo estanco…?

Anacos…

As temporadas ían e viñan…

Morrían as follas…
Nacían outras…

De verde a marelo…
De castaño a esqueleto…

Mais non quixo medrar…

Que son trinta anos
no tempo estanco…?

Cos anacos da esencia
de cada un deles…
Ben gardados no peito…
Coma recunchos dunha infancia…
Adolescencia…
Non precisa lembranzas…

Que son trinta anos
no tempo estanco…?

Anacos….

Reinhard canta as boas noites…
Mentres no camiño
saborea un penúltimo cigarrillo…
Vai sen présa…
Todo está xa dito…