Dende Lisboa a Buenos Aires…
Naquel Café Central
Naquel Madrid descoñecido…
O seu fado tornouse tango…
Noite incerta de jazz…
Na que como bolboretas
entre as mesas…
A danza dos seus corpos…
Cruzou ata os mares do inverno…
Entre Madrid e Buenos Aires…
Onde quedou a súa amada Lisboa…?
Onde quedaron as súas noites de fado…
Os grolos daquel vinho verde…
Nostalxias dun tempo pasado?
Na escuridade do ar…
O son dun pobo afastado….
Sorrisos e bágoas nas súas ás
que entre viños e cervexas…
Ían e viñan…
Coma raio de luz…
No seu novo fogar baixo a neve…
A maxia de tango disfrazada
invadía os peitos de cada emigrante…
Dende Lisboa a Buenos Aires…
Naquel Café Central…
Naquel Madrid descoñecido…
Aquí quero espertar!
Pensou o poeta calado…
Noite incerta de jazz…
Na que como bolboretas
entre as mesas…
A danza dos seus corpos…
Cruzou ata os mares do inverno…
Noite incerta de jazz…
Na que o seu fado tornouse tango…
(Xoanxo 2018)
Deixar unha resposta