Cos seus soños bicando o chan…

Naquela catástrofe esplendorosa…

Rindo a gargalladas…

Deixaronse levar nunha danza de irmandade…

 

Non eran aqueles tempos de bágoas…

Non eran tempos de tristes derrotas…

De simples fracasos…

 

Naquela catástrofe esplendorosa…

Ao ritmo das ondas acariñando a praia…

Ombreiro a ombreiro…Baixo o sol…

Deixáronse levar nunha danza de irmandade…

 

Descoñecida paixón de raíces compartidas…

Morada dos soños perdidos…

Aloumiña esta danza de amigos…

Que estes no son tempos de bágoas…

De tristes derrotas…

De simples fracasos…

 

Descoñecida paixón de raíces compartidas…

Morada dos soños perdidos…

Aloumiña esta danza de amigos…

 

Cos seus soños bicando o chan…

Naquela catástrofe esplendorosa…

Rindo a gargalladas…

Deixáronse levar nunha danza de irmandade…

Non eran aqueles tempos de bágoas…

Non eran tempos de tristes derrotas…

De simples fracasos…

 

(Xoanxo, 2018)