Buscar

Imos Indo

Xoanxo

Lembranzas de Outono

Nunca soubo se morreu afogada… Mais aquel neno ben sabía que a súa dor… Era verdadeira… Que aqueles berros de muller na procura da súa nai perdida feríanlle á alma… E outono a outono os días deixaron de ser infindos…... Continue Reading →

Mares de Outono

Noite de temporal na que unha danza lenta de siluetas e sombras pinta o aire branco coma fume amargo… coa súa congoxa de borraxeira espesa… Mentres o pobo agarda… Faltan tres barcos… No molle da lonxa cuberto de xente… a... Continue Reading →

E se non foi un soño?

E se non foi un soño? E se foi todo certo? Entre o branco daquel espazo as palabras deslizábanse coma son alleo… Amodiño… Coma beizos acariñando as paredes molladas dun esquecido fogar sen teito… E quen sabe…? Quen sabe…? Dicían…... Continue Reading →

Volverás

Sabes que volverás… Como gota fina de chuvia, a bicar de novo os meus espidos beizos… Volverás… Como melodía de fado esquecido, a unha vez máis repousar o teu rostro no meu peito… Sabes que volverás… Coma orballo que enchoupa... Continue Reading →

Canción de Jazz

Se tan só fose amor… Pero ese querer… Ese querer… Que pretende escravos… Moldes de soños alleos… De antollos estraños… Ese querer… Se tan só fose amor… Ninguén cantará esta canción de jazz… Pranto dun querer que busca amar… Ninguén... Continue Reading →

Se tan só fose Amor…

“Se tan só fose amor… Pero ese querer… Ese querer…” Disque… Naquelas rúas molladas, espello de bágoas… Unha silueta en sepia… Desvaneceuse pouco a pouco nos brazos dun ceo caído do inverno… Branca néboa rumorosa que ós seus pes, como... Continue Reading →

O lugar do teu berce

Coma escravo… Liberado… Naquel despertar… Daquela mañá… Daquel día enteiro… O camiñante emprendeu camiño… Na gaiola baleira, ata entón fogar do desaparecido, de barrotes inútiles… Agora espazo da súa ausencia… En triste soidade habitan hoxe… Aquel vento de inverno… Aquel... Continue Reading →

Terra nai…

Gris vendaval… Canto de sereas… Fráxil danza… Vento, marea, terra nai, beira irmá... Costa Galega… Poeta, fiel testemuña… Leal compañeiro… Nesta noite de luar que se aveciña, sinte o vento no peito… Amarra ben os teus pes, as túas mans…... Continue Reading →

Sen Pobo

No tempo… Xeración a xeración ían transitando… Debuxaban cascallos futuros… Habitando… Forxaban momentos vindeiros… Afogando… Na distancia… O pobo en loita… En marcha… Solidario… Castelo de area coma soño de nenos… Agardaba a vindeira marea… Naquelas tardes de paseos solitarios... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑