Buscar

Imos Indo

Xoanxo

Etiqueta

costadamorte

Imos Indo á venda en Amazon.es

Imos Indo xa está á venda en Amazon.es (pincha na imaxe para atopalo) Graciñas a todos os que me apoiastes neste proxecto na páxina de Facebook e Instagram!!!      

Catástrofe Esplendorosa

Cos seus soños bicando o chan… Naquela catástrofe esplendorosa… Rindo a gargalladas… Deixaronse levar nunha danza de irmandade…   Non eran aqueles tempos de bágoas… Non eran tempos de tristes derrotas… De simples fracasos…   Naquela catástrofe esplendorosa… Ao ritmo... Continue Reading →

Anacos

Reinhard canta as boas noites… Mentres no camiño saborea un penúltimo cigarrillo… Vai sen présa… Todo está xa dito… Xa van máis de trinta anos… Dende que marchou… Dende que morreu… Dende que naceu… Pensa… Xa van máis de trinta... Continue Reading →

Fado de Outono

No ar do fogar…Voa un fado de outono… Suave veludo dun penar… No reflexo das súas meixelas, pingas da chuvia esvaran.. Escravas… Coma bágoas, sobre o vidro da fiestra No solpor do ceo… Vendaval de outono a inverno… Na praza... Continue Reading →

Camiños de Outono

Xa pasaron moitos anos daqueles outonos na costa… Co fin do tempo infindo…O neno tornou mozo viaxeiro… Camiño a camiño… Trocou soños por gravatas… Medrou lonxe dos seus mares da terra… Día a día aquel mundo que parecía inmenso… foise... Continue Reading →

Lembranzas de Outono

Nunca soubo se morreu afogada… Mais aquel neno ben sabía que a súa dor… Era verdadeira… Que aqueles berros de muller na procura da súa nai perdida feríanlle á alma… E outono a outono os días deixaron de ser infindos…... Continue Reading →

Mares de Outono

Noite de temporal na que unha danza lenta de siluetas e sombras pinta o aire branco coma fume amargo… coa súa congoxa de borraxeira espesa… Mentres o pobo agarda… Faltan tres barcos… No molle da lonxa cuberto de xente… a... Continue Reading →

Volverás

Sabes que volverás… Como gota fina de chuvia, a bicar de novo os meus espidos beizos… Volverás… Como melodía de fado esquecido, a unha vez máis repousar o teu rostro no meu peito… Sabes que volverás… Coma orballo que enchoupa... Continue Reading →

Canción de Jazz

Se tan só fose amor… Pero ese querer… Ese querer… Que pretende escravos… Moldes de soños alleos… De antollos estraños… Ese querer… Se tan só fose amor… Ninguén cantará esta canción de jazz… Pranto dun querer que busca amar… Ninguén... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑