Buscar

Imos Indo

Xoanxo

Etiqueta

infancia

Anacos

Reinhard canta as boas noites… Mentres no camiño saborea un penúltimo cigarrillo… Vai sen présa… Todo está xa dito… Xa van máis de trinta anos… Dende que marchou… Dende que morreu… Dende que naceu… Pensa… Xa van máis de trinta... Continue Reading →

Fado de Outono

No ar do fogar…Voa un fado de outono… Suave veludo dun penar… No reflexo das súas meixelas, pingas da chuvia esvaran.. Escravas… Coma bágoas, sobre o vidro da fiestra No solpor do ceo… Vendaval de outono a inverno… Na praza... Continue Reading →

Lembranzas de Outono

Nunca soubo se morreu afogada… Mais aquel neno ben sabía que a súa dor… Era verdadeira… Que aqueles berros de muller na procura da súa nai perdida feríanlle á alma… E outono a outono os días deixaron de ser infindos…... Continue Reading →

Mares de Outono

Noite de temporal na que unha danza lenta de siluetas e sombras pinta o aire branco coma fume amargo… coa súa congoxa de borraxeira espesa… Mentres o pobo agarda… Faltan tres barcos… No molle da lonxa cuberto de xente… a... Continue Reading →

Volverás

Sabes que volverás… Como gota fina de chuvia, a bicar de novo os meus espidos beizos… Volverás… Como melodía de fado esquecido, a unha vez máis repousar o teu rostro no meu peito… Sabes que volverás… Coma orballo que enchoupa... Continue Reading →

O Neno e O Mar

Dende a súa xanela miraba ao mar, mar de diario, de cada momento, de mareas vivas e mortas, escravo da lúa e do vento, espello do ceo. Na beira, onde as ondas van morrer, mollou os pés, ergueu a vista…... Continue Reading →

Xogos Vida

A millas e millas de distancia nalgún lugar da terra, baixo un sol ardente, no que foron caudais de río, agora po e area, día a día, un neno, unha nena, milleiros deles xogan na terra os seus xogos vida…... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑