Buscar

Imos Indo

Xoanxo

Etiqueta

noites

Achégate…

Achégate… Máis pretiño de min… E fálame baixiño… Deixa que o son dos teus beizos coma murmurios do ar… aloumiñe os silencios deste fado que levo no peito… Achégate… Afasta esta danza de orballo espido… Frío espazo fronteiro nestes dous... Continue Reading →

Volverás

Sabes que volverás… Como gota fina de chuvia, a bicar de novo os meus espidos beizos… Volverás… Como melodía de fado esquecido, a unha vez máis repousar o teu rostro no meu peito… Sabes que volverás… Coma orballo que enchoupa... Continue Reading →

Canción de Jazz

Se tan só fose amor… Pero ese querer… Ese querer… Que pretende escravos… Moldes de soños alleos… De antollos estraños… Ese querer… Se tan só fose amor… Ninguén cantará esta canción de jazz… Pranto dun querer que busca amar… Ninguén... Continue Reading →

Se tan só fose Amor…

“Se tan só fose amor… Pero ese querer… Ese querer…” Disque… Naquelas rúas molladas, espello de bágoas… Unha silueta en sepia… Desvaneceuse pouco a pouco nos brazos dun ceo caído do inverno… Branca néboa rumorosa que ós seus pes, como... Continue Reading →

Siluetas de cartón

Noites de verdades… Absolutas… Obsoletas… Mentireiras… Compañeiras… Siluetas de cartón… Viaxeiras… Nas sombras da conversa… Anarquía, di unha delas… Non caias na mentira… Siluetas de cartón… Viaxeiras… Nas sombras da conversa… Sen revolución, Non haberá redistribución… Di outra delas… Os... Continue Reading →

Formiga de cristal

Onde vas... Formiga de cristal, Ceibe pranto, serenata de verán…? Onde vas… Doce intre, Saudade… Nostalxia de corazón esquecido? Quizais, quizais algún día comprenderás… díxolle a lúa, aquela noite ó reflexo na choiva do chan… Que a túa luz, nin... Continue Reading →

Podo?

Podo escribir algo fermoso esta noite, atopar a beleza nos teus ollos ... Se non son máis que espello dos meus propios? Quero escribir algo fermoso esta noite, Quero cantar, rir, bailar, gritar... Amar, Quero berrar, chorar, Quero… Sobre todo,... Continue Reading →

Noites de Agosto

Haiche noites... Haiche noites... Noites de festa... De carallada... Haiche noites de danzas... Noites de borracheira... De San Roque... E noites da Xunqueira... Haiche noites... Haiche noites... Noites de madrugada.... De días enteiros... Haiche noites de lumes, foliadas, orquestas e... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑